Friday 10 de May de 2024

Unha ducia de veciños e veciñas participan nun obradoiro de maquillaxe e caracterización organizado polo Concello de Oroso


Unha ducia de veciños e veciñas de Oroso participaron esta fin de semana nun obradoiro de maquillaxe organizado polo Concello de Oroso dentro do seu programa de Obradoiros Culturais 2016. Un obradoiro de oito horas de duración e que foi impartido pola Escola Galega de Tempo Libre entre un alumnado maior de 18 anos, que aprendeu técnicas para realizar maquillaxes de terror e caracterizacións para animacións infantís.